Axuda do LibreOffice 7.1
Pódense especificar as opcións, por exemplo, tipo de letra básico, idioma, conxunto de caracteres ou quebra, que se importarán ou exportarán cun documento de texto. A caixa de diálogo aparece cando se carga un ficheiro ASCII co filtro "Texto codificado", cando se garda o documento pola primeira vez, ou cando se garda con outro nome.
Define a configuración para importar ou exportar o seu ficheiro. Ao exportar, só se pode definir o conxunto de caracteres e a quebra de parágrafo.
Especifica o conxunto de caracteres do ficheiro para a súa exportación ou importación.
Configurando un tipo de letra predefinido está a especificar que o texto debe mostrarse nun tipo de letra específico. Os tipos de letra predefinidos só se poden seleccionar ao importar.
Especifica o idioma do texto, se aínda non foi definido. Esta configuración só está dispoñíbel cando se importa.
Define o tipo de quebra de parágrafo para unha liña do texto.
Aplica un "retorno de carro" e unha "quebra de liña con sangría". Esta é a opción predefinida.
Aplica un "retorno de carro" como quebra de parágrafo.
Aplica unha "quebra de liña con sangría" como quebra de parágrafo.